Descubrindo o patrimonio: o castro da Acea

OurenseXa
Coñece este xacemento situado entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía con máis de 20 séculos de historia
Diseño sin título - 1
Castro de Acea, imaxe do Concello de Baños de Molgas
3 Aug 2025

Situado entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía atópase o castro da Acea, un asentamento castrexo datado no século II a.C.

O castro, de planta elíptica, conta cun foxo na zona sur e estaba delimitado por unha muralla de pedra. O lugar ofrece unhas vistas privilexiadas da contorna e do río Arnoia, ao atoparse nun outeiro de 561 metros de altitude. Ademais, nunha das rochas máis elevadas do lugar pode observarse unha antiga marca que sinala a separación entre os concellos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas, aos que pertence o xacemento.

Un dos elementos máis destacados descubertos durante os traballos arqueolóxicos foron os horrea, construcións destinadas á almacenaxe de gran, semellantes aos actuais hórreos galegos. A importancia deste achado é considerable, xa que se trata do primeiro deste tipo documentado na provincia de Ourense, e só se coñecía un exemplo semellante no castro de Arxeriz, no Saviñao.

Os estudos suxiren que o castro puido ocupar unhas tres hectáreas, aínda que actualmente só se conserva unha pequena parte do conxunto orixinal. Segundo recolle o historiador Elixio Rivas, parte da pedra empregada para construír a antiga Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía procede deste lugar.

⚙ Configurar cookies
0.19405293464661