Desde o BNG de Ourense denuncian a "nova manobra" artellada desde o Goberno municipal

OurenseXa
O portavoz nacionalista, Luís Seara sinala que “o que pretende o alcalde é distorsionar a realidade"
Luis_seara_BNG_ourenseJPG
16 Ago 2024

Desde o BNG de Ourense denuncian a "nova manobra" artellada desde o Goberno municipal do Concello de Ourense para modificar as bases do proceso de estabilización que, xa estaban aprobadas e xa foran empregadas.

O portavoz nacionalista, Luís Seara sinala que “o que pretende o alcalde é distorsionar a realidade: por unha banda, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións especialmente no que ten a ver en caso de empate, pola outra, introducir a RPT cando nada ten que influír neste proceso”.

Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é a vontade desde o grupo de goberno e a Alcaldía de “distinguir funcionariado de persoal laboral”, unha distinción que as nacionalistas entenden que non ten cabida, así relata “hai sentenzas do TSXG que se equipara e iguala o persoal laboral indefinido ao persoal funcionario”.

O BNG tamén advirte “a modificación das bases pretende de modo directo unha modificación encoberta dos criterios de desempate para acceder a un posto laboral xa ocupado por persoal de longa duración. Neste sentido, a modificación na valoración que se propoña, sobre todo nos criterios de desempate suporá unha grande alteración das bases até o de agora aprobadas e publicadas".

As nacionalistas tampouco entenden cal é o criterio que se está a empregar neste sentido. Seara sinala “estas bases son exactamente as mesmas que se empregaron para a consolidación dos postos de traballo do Consello Municipal de Deportes (CMD) entón non entendemos por que alí se fai dunha maneira e aquí doutra”.

0.19047594070435