Dispositivo de tráfico durante o Entroido en Ourense

OurenseXa
A Policía Local informa das rúas que permanecerán pechadas polos festexos do Entroido
Policia_Local_Ourense
Dispositivo de tráfico para o Entroido
9 Feb 2024

O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local para as festas prevé varios cortes de tráfico:

Venres, 9 de febreiro

Para a xornada deste venres están organizados varios desfiles escolares, que se desenvolverán se as condicións climatolóxicas o permiten. De ser o caso, causarían cortes de tráfico no seu percorrido:

• Desfile escolar do Concello: Desde as 11.30 h: Praza Maior, Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza Maior

• Desfile CEIP Mestre Vide: Desde as 11.30 h: Curros Enriquez-Sáenz Díez, Florentino Cuevillas, Avenida da Habana, Curros Enríquez, Mestre Vide.

• Desfile CEIP Virxe de Covadonga (Desde as 10.30 h): Cibeles, Praza de Covadonga, Rampla Zaragoza, Rúa dos Chaos, Alejandro Pedrosa, Santa Teresita, Parque de Santa Teresita, Chaos, Rampla Zaragoza, Cibeles.

• Desfile CEIP Divino Mestre: Desde as 12.15 horas: Rúa María Soledad da Cruz, rúa Río Mente (entre rúa Río Xares e rúa río Cobas)

Sábado, 10 de febreiro

Ás 15:00 h, corte de tráfico na rúa do Progreso-Alameda desde a baixada á Praza de Abastos ata a glorieta de San Rosendo. Este corte será permanente até a retirada da carpa da Alameda, prevista para a madrugada do martes ao mércores.

Domingo, 11 de febreiro

Ás 14:30 cortarase o tráfico de acceso ao circuíto do desfile de comparsas do Entroido (As Lagoas, Curros Enríquez, Xoán XXIII e rúa do Progreso).

Luns, 12 de febreiro.

Ás 20:00 horas cortarase o acceso ao circuíto do desfile de Frei Canedo (Ponte Vella, As Caldas, Eulogio Gómez Franqueira, Xesús Pousa e Avenida das Caldas)

0.077713012695312