Do pregón de Touriñán á París de Noia: programa completo das Festas de Ourense 2024

OurenseXa
O Concello de Ourense vén de presentar a programación das Festas de Ourense 2024 que terán lugar ente o 19 e o 23 de xuño cun formato "compacto"
Cartel das Festas de Ourense 2024
12 Xuño 2024

O pregón a cargo do cómico e actor Xosé Antonio Touriñán abrirá o vindeiro mércores, 19 de xuño, 5 xornadas de actividades para todos os públicos nas que se dá continuidade a moitas das propostas que tiveron unha excelente resposta de público en anos anteriores e incorpóranse novidades como a Festa das Cores, no Parque do Barbaña, ou a Xincana Xigante para a rapazada, no Xardín do Posío.

Mercado medieval, barracas, festa de fin de curso, actuacións dunha escolma das mellores orquestras da actualidade, concertos como o de Celtas Cortos, entre outros, son algunhas das propostas festivas, que rematarán o domingo, 23 de xuño, coa tradicional tirada de fogos artificiais na marxe do río Miño.

O goberno municipal aposta de novo por un formato de programación ”concentrado” en 5 días, co que agarda repetir os altos niveis de participación por parte do público ourensán e o excelente ambiente que durante os últimos anos se vén rexistrando nas rúas da cidade durante as festas.

Mércores, 19 de xuño

  • Arrinca o Mercado Medieval, no Centro Histórico, con diferentes representacións ao longo de cada xornada. Desde o mércores até o domingo
  • Abren ao público as barracas para a rapazada, que permanecerán até o domingo no Parque do Barbaña.
  • 21.00 horas. Pregón de Touriñán, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 21.30 a 00.30 horas. Orquestra La Fórmula, na rúa do Progreso (Alameda)

Xoves, 20 de xuño

  • 16.30 a 20.30 horas. Mega Xincana de 180 metros para a rapazada no Xardín do Posío. Actividade gratuíta, de xoves a domingo polas tardes, e tamén os sábados e domingos pola mañá, de 11.00  a 14.00 horas.
  • 21.00 a 22.30 horas. Golden Jazz, na rúa Santa Eufemia
  • 21.00 a 00.00 horas. Orquestra Costa Verde, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 00.00 a 03.00 horas. Grupo ASSIA, na Praza Maior

Venres, 21 de xuño

  • 22.00 a 03.00 horas. MEGA DJ Fin de Curso, na rúa Pardo de Cela, xunto ao Pavillón dos Remedios
  • 21.00 horas. Actuación da Banda da Balbina, na rúa Santa Eufemia
  • 21.30 a 00.00 horas. Grupo América, na Praza Maior
  • 00.00 a 01.40 horas. Concerto de Celtas Cortos, na rúa do Progreso (Alameda)

Sábado, 22 de xuño

  • 20.00 a 21.30 horas. Festa das Cores, para público de todas as idades, no Parque de Barbaña
  • 21.00 a 23.00 horas. Coleguitas, na Praza Maior
  • 22.30 a 1.30 horas. Função Públika, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 00.30 a 03.30 horas. Orquestra Combo Dominicano na rúa Pardo de Cela

Domingo, 23 de xuño

  • 20.00 horas. Coral de Ruada, na rúa Santa Eufemia
  • 21.00 a 23.40 horas. Orquestra París de Noia, na rúa do Progreso (Alameda)
  • 23.59 horas. Fogos artificiais, na marxe do Miño
0.21173715591431