?> Dous centros ourensáns participan no Congreso da Innovación na Formación Profesional 'FP Innova 2024' en OurenseXa

Dous centros ourensáns participan no Congreso da Innovación na Formación Profesional 'FP Innova 2024'

OurenseXa
O evento constitúese como evento constitúese como un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia
FP Innova 2024-ourense
FP Innova 2024
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a organizar o Congreso da Innovación na Formación Profesional 'FP Innova 2024' que terá lugar ata este venres 26 de abril na Cidade da Cultura de Galicia e no que participan dous centros ourensáns.

Trátase da sexta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

Os centros participantes pertencentes á comarca de Ourense son o CIFT Portovello e CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel, con dos proxectos respectivamente.

Pola súa banda, o CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel leva a este congreso o proxecto Simulador colaborativo de realidade virtual para emerxencias extrahospitalarias, que ten como obxectivo desenvolvemento dun simulador colaborativo de realidade virtual para a formación do alumnado en situacións de emerxencias extrahospitalarias, permitindo a interacción de dúas persoas nun mesmo escenario virtual, e o proxecto Preparación para procesos de selección de persoal mediante realidade virtual, en colaboración co CIPF Portovello, orientado a desenvolver unha ferramenta de realidade virtual que simule procesos de selección de persoal, permitíndolle ao alumnado afrontar de xeito realista e gamificado estes procesos, co obxectivo de practicar e mellorar a súa preparación para eles.

Dende o CIPF Portovello presentarán tamén o proxecto AOVE galego: olivicultura de calidade en Galicia, que ten como finalidade a elaboración dunha guía didáctica interactiva en liña sobre a olivicultura, a elaboración e a cata de aceite de oliva virxe, integrando un receitario con propostas culinarias e de repostaría que aproveiten o aceite de oliva virxe extra producido en Galicia.