Down Ourense presenta o seu novo calendario solidario

A Asociación Down Ourense deu a coñecer esta mañá o seu novo calendario solidario correspondente ao ano 2026, para o que este ano a entidade contou coa colaboración do fotógrafo Emilio Romanos Castiñeira, quen realizou unha sesión na nova sede da asociación, inaugurada o pasado 21 de marzo, Día Mundial do Síndrome de Down.
As imaxes buscan reflectir o traballo que se realiza no espazo e amosar momentos especiais das persoas usuarias. A edición de 2026 conta cunha tirada de 800 exemplares, divididos en 400 calendarios de parede e 400 de mesa, todos a un prezo de 5 euros. Os beneficios obtidos destinaranse íntegramente aos programas de promoción da autonomía persoal que Down Ourense desenvolve para aproximadamente 100 usuarios e as súas familias.
Os calendarios poden adquirirse na sede da asociación, situada na Rúa Río Camba, 6, así como na tenda Angelo Milano, na Rúa do Paseo, 30. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración de varias empresas locais, entre elas Electricidad Javier Bello, Transportes E.Cid, Electricidad Electel, Forneiro, CIE Galfor, Ourenmatel, CEIP de Quiroga e Ouro de Quiroga.