Down Ourense recibirá unha subvención de 50.000 euros para o acondicionamento do seu local

O Concello de Ourense deu luz verde este martes a un convenio de colaboración con Down Ourense para financiar o acondicionamento do inmoble no que desenvolve a súa actividade, inaugurado recentemente no barrio da Ponte. Deste xeito, o Concello colaborará coa entidade cunha achega de 50.000 euros.
A nova sede de Down Ourense conta con máis de 800 m² repartidos en dúas plantas, con capacidade para atender a case 150 persoas usuarias. O edificio xurdiu ante o incremento de persoas beneficiarias nos últimos anos e foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense, da ONCE e do Concello de Ourense, ademais das achegas propias da entidade.