Ecoloxistas en Acción levan a Barbadás a mostra ‘Sen insectos non hai vida’

OurenseXa
Pode visitarse ata o 11 de abril na Casa da Cultura Manuel María
mostra-insectos-barbadas
Presentación da mostra ‘Sen insectos non hai vida’ en Barbadás
29 Mar 2025

A exposición "Sen insectos non hai vida" visita a Casa da Cultura Manuel María de Barbadás ata o 11 de abril.

Nesta mostra, promovida promovida por Ecoloxistas en Acción Ourense, en colaboración coa Concellería de Cultura de Barbadás, os visitantes poderán afondar no descoñecido mundo dos insectos.

Dende a organización lembran que os insectos son un dos alicerces dos nosos ecosistemas. Xogan un extraordinario e valioso papel nas nosas vidas, con tarefas claves na polinización, o ciclo de nutrientes, as cadeas alimenticias das aves e outros insectívoros. Con esta premisa, pequenos e maiores poderán coñecer as curiosidades do seu universo.

⚙ Configurar cookies
0.096833944320679