O colexio Irmáns Villar organiza un mercado solidario en beneficio de Aodemper

OurenseXa
Será o próximo sábado, 13 de decembro, e reunirá 25 postos de venda
mercadillo-solidario-irmans-vilar
9 Dec 2025

O colexio Irmáns Villar celebrará o próximo sábado, 13 de decembro, un mercado solidario co obxectivo de recadar fondos para a Asociación ourensá de esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras (Aodemper). A iniciativa, presentada no salón de plenos do Concello de Ourense, organízase baixo o lema “O meu corpo pode fallar, pero a miña persoa non”.

O evento permanecerá aberto ao público desde as 10:30 ata as 18:00 horas e reunirá 25 postos de venda con produtos de artesanía, roupa, bisutería e artigos ecolóxicos, entre outras propostas. A xornada incluirá ademais unha cantina, inchables dirixidos ao público infantil e dous obradoiros, un divulgativo sobre estas enfermidades e outro de manualidades. Como peche, realizarase un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.

A actividade conta coa colaboración da Concellería de Educación e de numerosos colectivos e empresas. Na presentación participaron a concelleira de Educación, Tamara Silva, a concelleira de Mobilidade, Ana Fernández, o vicepresidente de Aodemper, Fernando Rodríguez, e a vogal da asociación, Sonia Cuquejo. Tamén estiveron presentes o coordinador do mercado, Xoaquín González, así como as colaboradoras Rina Dayana Rolong, presidenta da asociación de colombianos en Ourense, e a artesá Mariana Betancourt.

O colexio Irmáns Villar invita a toda a cidadanía a participar nesta xornada solidaria e a apoiar o labor de Aodemper, que traballa a diario para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple, párkinson e enfermidades raras.

⚙ Configurar cookies
0.081557989120483