O Concello de A Merca organiza unha excursión gratuíta a Pazolandia

OurenseXa
Será o vindeiro 29 de decembro e será preciso inscribirse previamente
Pazolandia Ourense
22 Dec 2025

O Concello de A Merca organiza unha saída a Pazolandia, o maior parque de atraccións de Galicia organizado cada ano pola Deputación Provincial de Ourense. Será o vindeiro 29 de decembro de 2025, unha actividade dirixida aos nenos e nenas do municipio con motivo das festas de Nadal.

A excursión sairá ás 10:00 horas desde o C.E.I.P. Joaquina Gallego Jorreto e o regreso está previsto ás 13:30 horas desde o Pazo Paco Paz. As inscricións poderán realizarse tanto no propio centro educativo como nas oficinas municipais.

O Concello subvenciona tanto o transporte como a entrada, cun total de 50 prazas dispoñibles, facilitando así a participación das familias nesta iniciativa de lecer infantil.

⚙ Configurar cookies
0.090209007263184