‘El Pueblo Duerme’ regresa á Biblioteca Municipal de Maceda este mércores

OurenseXa
A actividade forma parte do programa ‘Mesas con Partidas’ organizado polo Concello
el-pueblo-duerme-biblio-maceda
4 Aug 2025

O mércores 6 de agosto ás 11:00 horas, o espazo TaLERna da Biblioteca Municipal de Maceda acollerá unha nova sesión do xogo “El Pueblo Duerme”, dentro da actividade ‘Mesas con Partidas’.

Tras a boa acollida da anterior edición, explican dende o Concello, a proposta repítese por petición popular. Trátase dun xogo participativo, pensado para todas as idades, no que os xogadores deben descubrir quen mente e quen trata de pasar desapercibido mentres “o pobo dorme”.

A actividade é gratuíta, aberta a todo o público e non require inscrición previa. Só é preciso achegarse “con ganas de pasalo ben e deixar levarse pola intriga e o xogo en grupo”. Desde a organización animan a participar nunha mañá diferente, marcada polo misterio e a diversión.

⚙ Configurar cookies
0.16828393936157