Eladio Santos anima a todos os veciños da localidade a visitar a carpa de Incibe
OurenseXa
Está instalada en Ourense ata o 20 de xullo e aberta ao público maior de 14 anos de 10 a 14:30 e de 17 a 20:30 horas
O subdelegado do Goberno probando as gafas de realidade virtual
18 Xul 2024
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou a carpa que o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), dependente do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, ten instalada na pista deportiva do parque Barbaña de Ourense, para vivir en primeira persoa unha aventura de realidade virtual.
Eladio Santos animou a todos os ourensáns a participar “nunha actividade de realidade virtual inmersiva que busca concienciar en materia de ciberseguridade de forma lúdica”.
A carpa estará instalada en Ourense ata o 20 de xullo e aberta ao público maior de 14 anos de 10 a 14:30 e de 17 a 20:30 horas.