Elena Rivo comprométese a por en funcionamento a nova residencia para maiores nos terreos da antiga estación de autobuses

OurenseXa
Nun mitin cos veciños da zona de San Francisco, na sede da Asociación de Veciños Os Montes, a cabeza de lista da candidatura popular, Elena Rivo, lembrou que “estamos practicamente ao carón do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o CHUO, onde o Goberno galego leva investidos 70 millóns de euros.
PP_Mitin_San_Francisco
7 Feb 2024

Nun mitin cos veciños da zona de San Francisco, na sede da Asociación de Veciños Os Montes, a cabeza de lista da candidatura popular, Elena Rivo, lembrou que “estamos practicamente ao carón do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o CHUO, onde o Goberno galego leva investidos 70 millóns de euros. Pero iso non é todo, porque quedan outros 65 millóns de euros por investir para seguir modernizando e ampliando a asistencia hospitalaria en Ourense”.

A candidata popular referiuse tamén á modernización das infraestruturas sanitarias na provincia, “que tamén vén da man da construción do novo Centro de Saúde de Mariñamansa, nunha parcela da Deputación de Ourense, centro recollido na segunda fase do plan de infraestruturas sanitarias da Xunta”.

No tocante ás propostas do Partido Popular, Elena Rivo foi contundente: “Temos un programa electoral que imos executar porque somos xente seria, cumpridora e que sabe xestionar: avanzaremos na optimización da rede de estradas de titularidade autonómica na cidade; procuraremos a integración de Ourense no sistema de transporte metropolitano da Xunta; poñeremos a disposición dos usuarios e dos clubs da cidade as instalacións deportivas dos recintos escolares, para o seu uso fóra do horario lectivo; demandaremos e apoiaremos a creación dun novo xulgado de violencia sobre a muller; e poremos en funcionamento a nova residencia para maiores nos terreos da antiga estación de autobuses”.

 

0.13575506210327