Emilio Rúa chega ao escenario do Mosteiro de Santo Estevo

O cantautor ourensán dará un concerto este domingo ás 21.00 horas no Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil
emilio-rua
Emilio Rúa
18 Ago 2024

O cantautor ourensán Emilio Rúa dará un concerto este sábado, 18 de agosto ás 21.00 horas no Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil.

Emilio Rúa leva 35 anos no mundo da música cando empeza con sete anos no grupo musical familiar 'Concorde Atenea' formado polo seu pai e os seus catro irmáns. Ao longo dos 9 discos editados como cantautor leva publicadas máis de 100 cancións entre temas orixinais e versións de temas populares. Os seus temas teñen unha profunda influencia da poesía galega de Rosalía De Castro, Celso Emilio Ferreiro, Alvaro Cunqueiro e os escritores Manuel Rivas e Xosé Carlos Caneiro.

0.11244702339172