Escolares do CEIP Mestre Vide divulgan a vida e a obra das mulleres que dan nome ás rúas da cidade
Escolares do CEIP Mestre Vide desenvolven unha iniciativa destinada a dar a coñecer entre a cidadanía a vida e a obra das mulleres que dan nome ás rúas da cidade. Na mañá de hoxe, visitaron estes espazos e colocaron adhesivos con códigos QR que permitirán ao público acceder a vídeos realizados no propio centro educativo nos que as nenas e as nenos nos relatan os aspectos máis destacables das personaxes que lles dan nome.
A concelleira de Educación Tamara Silva, acompañou as nenos e os nenos nesta ruta, que comezou na rúa Emilia Pardo Bazán, e continuou por outros espazos urbanos.
A actividade está organizada polo centro educativo coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Ourense, e ten como finalidade aumentar a conciencia sobre a importancia da igualdade de xénero e a representación das mulleres na historia e cultura ourensá.
A continuación, descubriuse unha placa que dá o nome de “Rúa Mestras vocacionais “ ao treito que vai desde a porta do colexio até a rúa Paseo Mestre Vide.