Esgos acolle a presentación da novela “Onde nacen as bestas”, ambientada no misterio de Romasanta

OurenseXa
O acto contou coa presenza do autor Pedro Feijoo, acompañado polos expertos Cástor e Félix Francisco Castro Vicente
biblioteca-esgos
22 Jul 2025

A biblioteca municipal de Esgos foi o escenario da presentación da novela Onde nacen as bestas, do escritor Pedro Feijoo, unha obra que mergúllase no universo de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o home lobo galego.

Na presentación, o autor estivo acompañado por Cástor e Félix Francisco Castro Vicente, dous expertos que levan anos investigando o caso de Romasanta e que contan con varias publicacións centradas nos aspectos criminolóxicos e antropolóxicos desta historia real que inspirou a novela.

O acto contou cunha boa afluencia de público, que se achegou ata a biblioteca para escoitar de primeira man tanto a narración do escritor como os achegamentos científicos e históricos dos investigadores.

Dende o Concello de Esgos expresan o seu agradecemento a Pedro Feijoo e aos Castro Vicente polo seu traballo e tamén a todas as persoas que participaron na cita, facendo posible un encontro enriquecedor arredor dunha das figuras máis enigmáticas da Galicia do século XIX.

⚙ Configurar cookies
0.16427898406982