Esgos acolle esta semana un curso para persoas maiores centrado no uso dos caixeiros automáticos

O Concello de Esgos e Abanca organizan un curso para persoas maiores centrado no uso seguro e sinxelo dos caixeiros automáticos.
A actividade terá lugar o xoves 26 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel. O curso busca ofrecer ás persoas participantes as ferramentas necesarias para manexar os caixeiros con confianza e de forma autónoma.
As persoas interesadas poden obter máis información na oficina de Abanca do Concello de Esgos ou nas oficinas municipais.