Esgos acolle un obradoiro de maxia este sábado

OurenseXa
Estará a cargo do Mago Albert e terá lugar no Centro Cultural Parada Justel
mago-albert-esgos
2 Jan 2026

O Concello de Esgos organiza este sábado, 3 de xaneiro, un obradoiro de maxia a cargo do Mago Albert, que terá lugar ás 17:00 horas no Centro Cultural Parada Justel.

O Mago Albert, procedente de Ribadavia, conta con ampla experiencia no sector, que desenvolve o seu traballo en Ribadavia e conta cunha traxectoria consolidada en actuacións para eventos, festas e cerimonias.

A actuación enmárcase dentro do programa de actividades da Rede de Teatros e Auditorios da Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Esgos.

⚙ Configurar cookies
0.088560104370117