Esgos acollerá a súa I Xuntanza de Entroidos o 20 de setembro

A Asociación Cultural Etnográfica Felos e Madamas do Concello de Esgos, en colaboración co Concello e a Deputación, organiza o sábado 20 de setembro a primeira Xuntanza de Entroidos de Esgos.
Nesta edición participarán un total de sete entroidos tradicionais da provincia de Ourense: os Peliqueiros de Campobecerros, Farrumecos de Sobradelo, Felos de Maceda, Follateiros de Lobios, Vellarróns de Riós, Parranfóns de Campobecerros e Bonitas de Sande, xunto cos Felos e Madamas de Esgos.
A actividade comezará ás 16:00 horas na Praza da Souteira, desde onde os participantes realizarán un percorrido polas rúas da localidade.
A iniciativa ofrece unha oportunidade única para coñecer e disfrutar das distintas tradicións do entroido galego nun mesmo evento.