Esgos apraza ata este venres o obradoiro de manualidades de Nadal
OurenseXa
Será o 19 de decembro ás 17:30 na biblioteca

17 Dec 2025
O obradoiro de manualidades de Nadal organizado polo Concello de Esgos, que estaba previsto para o xoves 18 de decembro ás 17:30 horas na biblioteca, foi aprazado ata o venres, 19 de decembro, á mesma hora.
O taller está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e ten un custo de 5 euros por persoa. As inscricións realízanse na biblioteca e as prazas son limitadas.