Esgos prepara a terceira edición do Mercadillo Veciñal de Segunda Man

O Concello de Esgos organiza o vindeiro domingo 21 de setembro a terceira edición do Mercadillo Veciñal de Segunda Man, unha cita pensada para promover a reutilización de obxectos e favorecer o encontro entre os veciños.
A actividade desenvolverase entre as 11:00 e as 19:00 horas nas prazas de Saa e do Afiador e, ademáis da venda e intercambio de artigos, este ano inclúese como novidade unha poxa especial que terá lugar ás cinco da tarde, aberta á participación de todas as persoas asistentes.
Os postos, explican dende o Concello, estarán reservados exclusivamente a veciños e veciñas do municipio, sempre a título particular, quedando excluída calquera actividade profesional ou comercial, xa que obxectivo é dar unha segunda vida a obxectos usados, que poderán intercambiarse ou venderse a prezos simbólicos e inferiores ao seu valor de adquisición. As asociacións locais tamén poderán solicitar un posto.