Esgos celebra este xoves a súa tradicional Festa do Emigrante e a XIX Festa do Arroz con Leite
OurenseXa
Será a partir das 20:00 horas na Praza da Souteira

21 Aug 2025
A Praza da Souteira, en Esgos, acollerá o xoves 21 de agosto a partir das 20:00 horas a tradicional Festa do Emigrante, que este ano contará de novo coa venda de tíckets.
As entradas, cun prezo de 4 euros, poderán adquirirse desde as 19:00 horas na propia praza e incluirán unha bolsa con viño, gasosa, pan e auga.
Ao rematar, terá lugar a degustación gratuíta de arroz con leite, que acada xa a súa XIX edición e porá o broche final á xornada festiva.