Esgos celebra este xoves o “Tardeo do 8M”

O Concello de Esgos organiza un ano máis o “Tardeo do 8M” para conmemorar o Día da Muller. A cita terá lugar o xoves 5 de marzo ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel.
A xornada comezará coa charla/obradoiro “Movendo os marcos”, impartida por Carmen Penín, na que se abordarán temas como a corresponsabilidade, a xestión das emocións e do tempo, ofrecendo ferramentas e ideas prácticas para o día a día. A actividade rematará cunha degustación de petiscos para todas as persoas asistentes.
Por cuestións de axenda, o Concello informa de que o monólogo “Enredadas” de Leti da Taberna, previsto inicialmente, trasladarase ao mes de maio.