Esgos celebra o seu primeiro encontro de repenicadores para conservar esta tradición de tocar as campás

O Concello de Esgos organizou o seu primeiro encontro de repenicadores, unha iniciativa que reuniu a campaneiros de diferentes parroquias da contorna para compartir e preservar unha tradición cultural profundamente enraizada na comarca.
Entre os participantes estiveron Pablo, de Ordelles (parroquia da Santa Ana, Pereiro de Aguiar); Manolo, de Quíns (Melón); Martín, de Santa Marta (Pereiro); así como Julio e Pepe, da parroquia de Vilar de Ordelles (Esgos). Tamén acudiron Pedro, de Os Pensos; Óscar e Ismael, de Esgos; Modesto, de Santa Olaia; e Pío, da parroquia de Viñoás (Nogueira de Ramuín).
Desde o Concello agradeceron a todos os asistentes por manter viva a memoria dos toques das campás, un elemento identitario clave do patrimonio cultural local.
A iniciativa tivo unha moi boa acollida e, dada a súa importancia, está previsto que se repita en agosto na parroquia de Vilar de Ordelles para continuar fomentando esta práctica tradicional entre a veciñanza.