Esgos celebrará o seu magosto o 2 de novembro na Praza da Souteira

OurenseXa
Haberá unha comida, castañas e música a cargo da charanga A Felga
Castañas asadas
20 Oct 2025

O Concello de Esgos organiza o tradicional magosto o domingo 2 de novembro, unha cita xa consolidada no calendario local que se celebrará na Praza da Souteira a partir das 13:30 horas.

O evento contará cun menú típico destas datas, con empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, auga, castañas e bica, ademais da actuación musical da charanga A Felga, que poñerá o toque festivo á xornada.

As persoas interesadas en participar deberán retirar as súas entradas ata o 31 de outubro nos bares, tendas do municipio ou nas oficinas do Concello. O prezo será de 15 euros para adultos e 6 euros para nenos de entre 4 e 11 anos. O aforo máximo establécese en 450 persoas. Dende o Concello avisan que o propio día do magosto só se venderán entradas no caso de quedar prazas dispoñibles, e o prezo será de 18 euros.

⚙ Configurar cookies
0.079989910125732