Esgos inicia a substitución de contadores de auga por medidores intelixentes

OurenseXa
A actuación forma parte dun proxecto a nivel nacional financiado con Fondos Europeos e é obrigatoria e gratuíta para a veciñanza
instalacion-contadores-dixitais-depositos-pastoriza
29 Oct 2025

O Concello de Esgos informa de que, esta semana, a empresa concesionaria do servizo a sustituír os contadores de auga actuais por contadores de medición intelixente en todos os inmobles do concello.

O Goberno municipal lembra que só se substituirán aqueles contadores que cumpran a normativa, é dicir, que sexan accesibles para o persoal da empresa, estean situados no exterior dos inmobles e colocados nas súas correspondentes caixas ou armarios sen chave nin cadeado.

Nos casos nos que os contadores non cumpran a normativa, advirten, será responsabilidade do titular do contador adquirir e instalar o novo medidor intelixente no prazo que se lle indique.
A actuación forma parte dun proxecto a nivel nacional financiado con Fondos Europeos, sendo obrigatoria e gratuíta para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.096739053726196