Esgos organiza un taller de memoria e estimulación cognitiva para maiores

OurenseXa
As sesións comezarán o 13 de marzo na Biblioteca
Imaxe recurso dun cerebro
23 Feb 2026

O Concello de Esgos organiza un taller de memoria e estimulación cognitiva, dirixido a persoas maiores. As sesións, que comezarán o venres 13 de marzo, celebraranse os venres de 16:00 a 17:30 horas na Biblioteca Municipal, e as inscricións pódense realizar nos servizos sociais do concello.

Ademais, o Concello mantén outras actividades para a veciñanza nas próximas semanas. Entre elas, atópase unha charla sobre o uso seguro do caixeiro automático programada para o xoves 26 de febreiro ás 18:00 horas, un curso de autodefensa previsto para o sábado 28 de febreiro ás 10:00 horas, e un tardeo con motivo do Día da Muller que se celebrará o xoves 5 de marzo ás 18:00 horas.

0.088913202285767