Esgos organiza unha nova edición dos seus obradoiros de memoria

OurenseXa
Serán entre os meses de febreiro e xuño e as inscricións poden realizarse nas oficinas do Concello ou na biblioteca municipal
Imaxe recurso dun cerebro
31 Jan 2026

O Concello de Esgos, a través dos seus Servizos Sociais, organiza unha nova edición do obradoiro de memoria e estimulación cognitiva dirixido a persoas adultas. Este curso impartirase unha vez á semana entre os meses de febreiro e xuño, sempre que se alcance un número mínimo de inscritos. Cando se forme o grupo, determinaranse a data e o horario das clases, que terán unha duración de 90 minutos e serán completamente prácticas.

As inscricións poden facerse nas oficinas do Concello ou na biblioteca municipal. Este obradoiro está pensado para mellorar a memoria a curto prazo, favorecer unha maior axilidade e rapidez nas funcións mentais, e potenciar a comprensión lectora e a creatividade. Ademais, busca aumentar a autoestima, reducir os niveis de estrés e mellorar a capacidade de razoamento e concentración dos participantes. Tamén contribúe a incrementar a habilidade para resolver problemas e, de xeito importante, pode axudar a previr un de cada tres casos de Alzheimer, promovendo así o benestar e a saúde mental dos adultos da comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.079915046691895