Esgos organiza unha xornada de autodefensa destinada a mulleres

O Concello de Esgos organiza unha xornada de autodefensa destinada a mulleres, que terá lugar o sábado 28 de febreiro no Centro Cultural Parada Justel. A actividade desenvolverase de 10:00 a 15:00 horas e está aberta a todas as participantes, sen necesidade de contar con condición física previa.
As interesadas poden inscribirse e obter máis información nos Servizos Sociais do Concello. Con este tipo de inicativas búscase ofrecer ferramentas prácticas de seguridade e fortalecemento persoal, fomentando a autonomía e a confianza das mulleres.