Esgos prepara unha xornada de terror para toda a familia para festexar o Samaín
OurenseXa
Haberá unha Casa do Terror e un percorrido infantil polas casas dos veciños

17 Oct 2025
O Concello de Esgos organiza un ano máis a celebración do Samaín, que terá lugar o venres 31 de outubro. A rapazada poderá participar nun percorrido infantil polas casas dos veciños, para o cal é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do 28 de outubro. Alí explicarase tamén o resto das condicións de participación.
Ademais, este ano haberá unha “Casa do Terror” no Centro Cultural Parada Justel, aberta de 18:30 a 20:30 horas, para todos aqueles que se atrevan a entrar.