Esgos programa actividades culturais, deportivas e de lecer para este mes de xullo

OurenseXa
As actividades arrancarán o vindeiro 20 de xullo co primeiro encontro de repenicadores de campás
repenicadores-esgos
Imaxe dos repenicadores de Esgos
14 Jul 2025

O Concello de Esgos ten previstas varias actividades para veciñanza e visitantes ao longo deste mes de xullo. A programación comezará o domingo 20 co primeiro encontro de repenicadores de campás, que se celebrará na Igrexa de Esgos ás 11:30 horas.

O martes 22 está prevista unha clase de ioga organizada xunto a +Deporte La Región. Terá lugar ás 20:30 horas na Praza da Souteira e abriranse as inscricións nos vindeiros días.

O domingo 27 será a quenda para os afeccionados á bicicleta de montaña, cunha quedada BTT para percorrer os camiños do municipio. A saída será ás 9:30 horas tamén desde a Praza da Souteira.

Por último, o mércores 30 organizarase un escape room dirixido á mocidade, ambientado na historia do lobishome Manuel Blanco Romasanta, que se desenvolverá por diferentes pobos da parroquia de Santa Eulalia. Os detalles sobre horarios, inscricións e máis información poderán consultarse na biblioteca municipal.

⚙ Configurar cookies
0.16612792015076