Esgos recibirá os Reis Magos o luns 5 no Centro Cultural Parada Justel

O Concello de Esgos celebrará este luns 5 de xaneiro a Visita dos Reis Magos, unha das citas máis agardadas polas familias, que terá lugar ás 12.00 h no Centro Cultural Parada Justel.
O encontro coa comitiva real chega como colofón da programación de Nadal municipal, que nas últimas semanas combinou propostas solidarias, culturais e de lecer. Entre elas figura a campaña de recollida de alimentos impulsada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil en colaboración co Banco de Alimentos de Ourense, con puntos de entrega no concello e noutros espazos sinalizados.