Esgos súmase á campaña de recollida de alimentos para este Nadal

OurenseXa
Poderanse entregar nos puntos de recollida situados no Concello, a biblioteca, así como en bares e tendas sinalizados co cartel da campaña
banco-de-alimentos-de-ourense
16 Nov 2025

Un ano máis, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Esgos súmase á campaña de recollida de alimentos “Por un Nadal Feliz para tod@s”, organizada polo Voluntariado de Protección Civil en Ourense a favor do Banco de Alimentos de Ourense. A iniciativa busca apoiar ás familias máis necesitadas durante as festas de Nadal e fomentar a solidariedade na comunidade.

Os veciños poden colaborar entregando alimentos non perecedoiros nos puntos de recollida situados no Concello, a biblioteca, así como en bares e tendas sinalizados co cartel da campaña.
Ademais, como o ano pasado, os voluntarios de Protección Civil realizarán un percorrido polas diferentes aldeas do municipio para recoller as doazóns directamente.

⚙ Configurar cookies
0.077743053436279