Esteta Teatro logra tres nominacións aos Premios Escenamateur Juan Mayorga

OurenseXa
O grupo de teatro de Taboadela está nominado nas categorías de mellor espectáculo en lingua galega, mellor cartel e mellor fotografía pola súa función ‘A puta namorada’
esteta-teaatro-a-puta-namorada
3 Apr 2026

O grupo de teatro Esteta, procedente de Taboadela, vén de ser nomeado en tres categorías nos Premios Escenamateur Juan Mayorga de las Artes Escénicas, un dos principais recoñecementos do teatro non profesional en España. As candidaturas recibidas polo grupo inclúen as categorías de mellor espectáculo en lingua galega, mellor cartel e mellor fotografía grazas á súa función ‘A puta namorada’

Desde a formación destacan que a nominación “é un premio ao esforzo e ao traballo dun grupo de teatro amador do rural galego”, e aseguran que intentarán levar algún dos premios ata Taboadela, representando así ao municipio nunha cita de ámbito estatal. O acto de entrega terá lugar o próximo 20 de xuño en Getxo.

0.12235403060913