Estos son os deputados por Ourense no novo Parlamento de Galicia
O resultado das elecciós ao Parlamento de Galicia deixa unha quinta mayoría absoluta para o Partido Popular, con 40 escanos, dous menos que en 2020. Pola súa banda, o BNG sube con forza nesta lexislatura, con 25 escanos, 6 máis que nas anteriores eleccións. O PSdeG, sen embargo, baixa 5, obtendo únicamente 9 escanos, mentres que Democracia Ourensana entra no Parlamento con un escano.
En Ourense, o PPdeG consolídase como a forza máis votada, obtendo un 49,9% dos votos (86.144), polo que consegue 8 deputados na provincia, seguido do BNG, cun 25,35% (43.758 votos) e 4 deputados. Pola súa banda, os socialistas obteñen só un escaño para a provincia de Ourense, igualados con Democracia Ourensana.
Deputados do Partido Popular por Ourense
- Elena Rivo
- Victoria Núñez
- José González
- Miguel Ángel Santalices
- Gabriel Alén
- Noelia Pérez
- Antonio Rodríguez Miranda
- Marisol Díaz Mouteira
Deputados do BNG por Ourense
- Noa Presas
- Iago Tabarés
- Sonia Vidal
- Secundino Fernández
Deputados do PSdeG-PSOE por Ourense
- Carmen Rodríguez Dacosta
Deputados de Democracia Ourensana
- Armando Ojea
Coñece mellor aos deputados por Ourense no Parlamento de Galicia:
PP
- Elena Rivo. Nacida en Ourense en 1971 e doutorada en Administración e Dirección de Empresas, foi tenente de alcalde no concello de Ourense entre 2003 e 2007 e conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade dende o ano 2023. Ademais, e titular e investigadora en el Departamento de Organización de Empresas y Marketing en la Universidad de Vigo desde 1999.
- Victoria Núñez. Nacida en Ourense en 1975, preside a xestora local do Partido Popular en Ourense.
- José González. Nacido en Ourense en 1970, é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e pertente ao corpo superior de inspectores de Facenda. Dende 2018, é conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia.
- Miguel Ángel Santalices. Nacido en Bande en 1977, licenciouse en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do Comité de Dirección, do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense. Preside o Parlamento de Galicia dende 2016.
- Gabriel Alén. Nacido en Ourense en 1977, é Mestre especialista en Educación Física, foi alcalde de Cenlle entre 2011 e 2020 e delegado territorial da Xunta en Ourense durante a anterior lexislatura.
- Noelia Pérez. Nacida en Ourense en 1979, graduouse en Traballo Social pola Universidade de Vigo. Entre 2010 e 2011, desempeñou o cargo de concelleira do Partido Popular na Corporación Municipal de Ourense, é membro da Xunta Local do PP de Ourense cidade dende 2007 e é a voceira de Emprego do PPdeG no Parlamento.
- Antonio Rodríguez Miranda. Nacido en A Bola en 1967, é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Dentro do partido, exerceu como secretario xeral de Emigración entre 2012 e 2020 e é o coordinador de Acción Exterior do PPdeG dende 2013.
- Marisol Díaz Mouteira. Nacida en Kelkheim (Alemania) en 1967, está licenciada en Dereito pola UNED. Forma parte do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense e exerceu o cargo de delegada territorial en Ourense dende 2015 ata o pasado mes de xuño. É a voceira de Medioambiente e Educación no Parlamento.
BNG
- Noa Presas. Nacida en Ourense en 1987, é licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do Consello e da Executiva nacional do BNG coa responsabilidade de Acción Feminista e é deputada no Parlamento de Galicia dende a anterior lexislatura, durante a que foi voceira nas áreas de Economía, Facenda e Orzamentos e de Industria e Enerxía.
- Iago Tabarés. Nacido en Ourense en 1969, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e é deputado no Parlamento de Galicia dende a pasada lexislatura.
- Sonia Vidal. Nacida en Xunqueira de Ambia en 1984 é gandeira de profesión e concelleira no concello de Xunqueira de Ambia.
- Secundino Fernández. Nacido en A Fonsagrada en 1967, é e nxeñeiro de Montes e enxeñeiro Técnico Agrícola. Foi alcalde de Viana do Bolo entre 2015 e 2020.
PSdeG-PSOE
- Carmen Rodríguez Dacosta. Nacida en Ourense en 1969, é licenciada en dereito e técnica de Prevención de Riscos Laborais. Foi delegada de persoal da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009 e delegada de Persoal e Recursos Humanos de 2009 a 2023. Foi deputada do Parlamento de Galicia durante a última lexislatura.
DO
- Armando Ojea. Nacido en Vilar de Barrio en 1962, é licenciado en Física e foi profesor de música. Foi un dos ideólogos e fundadores de Democracia Ourensana e foi tenente de alcalde, concelleiro e deputado provincial de Ourense.