Estudantes mexicanos coñeceron o funcionamento das institución públicas españolas da man de Deputación de Ourense

OurenseXa
Un grupo de alumnos do Centro Universitario Tlacaélel visitaron o Pazo Provincial acompañados polo deputado José María Lago
estudantes-mexicanos-visitan-deputacion-de-ourense
29 Mar 2026

A Deputación de Ourense abriu as súas portas a un grupo de estudantes mexicanos interesados en coñecer de preto o funcionamento das institucións públicas españolas. Trátase de alumnado do Centro Universitario Tlacaélel, situado en Ixtapaluca (Estado de México), que se atopa estes días en España participando nun diplomado centrado na innovación.

Ao longo da visita, explican dende a Deputación, os estudantes amosaron especial interese pola organización administrativa en España, deténdose particularmente no papel das deputacións provinciais, unha estrutura inexistente no sistema institucional de México. A xornada serviulles para achegarse ás competencias deste organismo e ao labor de apoio e cooperación que desenvolve cos concellos da provincia.

Acompañados polo deputado provincial José María Lago e polo profesor e consultor Eladio Jardón, os participantes tiveron tamén a oportunidade de percorrer distintas dependencias do Pazo Provincial. O encontro favoreceu o intercambio de experiencias e puntos de vista sobre a organización territorial e o funcionamento das administracións en ambos países, contribuíndo a fortalecer o coñecemento mutuo.

0.12925696372986