Éxito da sesión de Tai Chi celebrada na Bola dentro do programa “Fomento Deportivo” da Deputación de Ourense

A iniciativa, incluída no programa provincial Fomento Deportivo, celebrou o pasado venres no lugar de Cacabelos, no concello da Bola, unha sesión de Tai Chi que contou cunha destacada participación veciñal.
Desde o Concello da Bola amosaron a súa satisfacción polo éxito da actividade e agradeceron a asistencia e implicación de todas as persoas participantes, que contribuíron a crear un ambiente de convivencia e benestar.
O programa ten como obxectivo promover a actividade física e hábitos de vida saudables en diferentes puntos da provincia, ofrecendo propostas adaptadas a todos os públicos.
As persoas interesadas en coñecer as próximas actividades que se desenvolverán no concello poden solicitar máis información no teléfono 604 03 79 52.