Expertos analizan en Ourense o impacto da IA nos dereitos humanos

OurenseXa
A actividade, titulada 'Os dereitos fundamentais ante a intelixencia artificial: cuestións técnicas, éticas e xurídicas', está organizada pola Facultade de Dereito e a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense
Xornada'Os dereitos fundamentais ante a intelixencia artificial'
Xornada 'Os dereitos fundamentais ante a intelixencia artificial: cuestións técnicas, éticas e xurídicas'
7 Xuño 2024

O Campus de Ourense acolleu durante esta semana un curso no que diversos especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico analizaron o impacto do desenvolvemento da Inteligencia Artificial nos dereitos humanos.

A actividade, titulada 'Os dereitos fundamentais ante a intelixencia artificial: cuestións técnicas, éticas e xurídicas', está organizada pola Facultade de Dereito e a Escola Superior de Enxeñaría Informática e enmárcase nas actividades da iniciativa Datatransco 'A conciliación do dereito á protección de datos co cumprimento polos poderes públicos do deber de transparencia e de loita contra a corrupción', un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Os participantes puxeron o foco nas consecuencias que o imparable avance tecnolóxico pode ter, e de feito ten, nos dereitos fundamentais do ser humano, así como nos retos e as oportunidades que ofrece o desenvolvemento da IA.

“Son numerosos os desafíos, que xa non son futuros senón presentes, que deben ser abordados para garantir que o desenvolvemento e o uso desta tecnoloxía estean aliñados cos principios éticos e legais fundamentais”, subliñou Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense.

Para Ana Garriga, profesora da Facultade de Dereito do Campus de Ourense, "a intelixencia artificial supón grandes vantaxes para o desenvolvemento en todo tipo de ámbitos pero ao mesmo tempo tamén retos éticos e problemas xa documentados para os dereitos humanos”.

 

0.19256401062012