Expertos xurídicos déronse cita en Ourense no XX Congreso Nacional da asociación Foro Xudicial Independente

OurenseXa
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou durante o evento a necesidade de apostar polas novas tecnoloxías no ámbito da Administración de Xustiza
xuiz-xulgado-xustiza
14 Nov 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na tarde deste mércores na inauguración do XX Congreso Nacional da asociación Foro Xudicial Independente, onde destacou a necesidade de apostar polas novas tecnoloxías no ámbito da Administración de Xustiza co obxectivo de impulsar unha xustiza sostible.

Nesta liña, incidiu no papel que xoga a intelixencia artificial na xustiza preditiva, isto é “a análise de grandes volumes de datos xurídicos” tanto para “ axudar aos operadores xurídicos a identificar precedentes na xurisprudencia como aos xuíces nas predicións e ás administracións na simplificación dos procesos xudiciais”.

Ademais, engadiu que a intelixencia artificial proporciona un papel clave na dixitalización da xustiza, ao mesmo tempo que “fomenta a colaboración e a comunicación entre os operadores xurídicos, facilitando un enfoque máis proactivo e transparente na prestación de servizos legais”.

No que se refire á modernización da Administración de Xustiza, cómpre lembrar que Galicia conta co Plan Senda 2025 no que a Xunta inviste 43 millóns de euros e que xa permitiu que as máis de 200 salas de vistas dos xulgados galegos sexan íntegramente dixitais.

⚙ Configurar cookies
0.08569598197937