Expourense e A.C.A.U.T.O entregaron o premio do sorteo do 16º Salón do Automóbil

OurenseXa
Xabier Teixeiro Quintas, veciño de Ourense, foi o gañador do cheque de 6.000 euros tras mercar un coche no Salón do Vehículo de Ocasión
entrega-cheque-salon-vehiculo-expourense
4 Nov 2025

Xabier Teixeiro Quintas, veciño de Ourense, foi o gañador do cheque desconto de 6.000 euros sorteado entre as persoas que mercaron un vehículo durante o 16º Salón do Automóbil, organizado por A.C.A.U.T.O. e Expourense o pasado mes de outubro.

O premio corresponde a un Seat Tarraco adquirido no stand do concesionario Roferourense Nissan, dentro do Salón do Vehículo de Ocasión. A entrega do cheque realizouse esta mañá nas instalacións do concesionario, nun acto no que participaron David Gómez, xefe de vendas de Roferourense Nissan, e Rogelio Martínez, director xerente de Expourense.

Nesta última edición do salón vendéronse un total de 286 vehículos entre as dúas fins de semana de celebración. O sorteo, efectuado o 28 de outubro ante notario, é unha das accións promocionais máis destacadas deste evento, que busca incentivar a compra de coches novos e de ocasión na provincia.

O importe do premio foi achegado conxuntamente pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e por Expourense.

⚙ Configurar cookies
0.087574005126953