"Factoría de subsistencia" presenta o seu novo disco en Ourense

OurenseXa
O Auriense Café Cultural acolle este venres, ás 20.30 horas, a presentación do disco "Respirando...sempre!!", no marco da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
factoria-de-subsistencia
Factoría de subsistencia
19 Abr 2024

O grupo "Factoría de subsistencia" subirase este venres ao escenario do Auriense Café Cultural para presentar o seu novo disco "Respirando...sempre!!". A cita terá lugar ás 20.30 horas e enmárcase dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.

"Respirando...sempre!!" é o terceiro traballo discográfico da banda composta por Josito Porto (voz e guitarras), Tabela Dacal (acordeón, pianos e voces), Rafa Otero (baixo eléctrico) e Adrián Ríos (batería)

 

0.10811281204224