Fernando Alañon Olmedo participará nunha charla sobre xustiza no Liceo de Ourense

Este martes, 10 de marzo, ás 19.30 horas, o Salón Noble do Liceo de Ourense acollerá unha nova sesión do ciclo “Falando con…”. Nesta ocasión, participará Fernando Alañón Olmedo, maxistrado da Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Galicia e expresidente da Audiencia de Ourense, quen conversará co directivo do Liceo, Armando González López, baixo o título “A verdade da Xusticia”.
O encontro ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer de primeira man a visión de Alañon Olmedo sobre o funcionamento da xustiza e os retos actuais do sistema xudicial en Galicia.