Fesbal celebrará o seu XXVIII Congreso Anual en Ourense coa presenza da raíña Sofía
OurenseXa
Será o xoves, 29 de maio, no Auditorio Municipal

23 May 2025
Fesbal, a Federación Española de Bancos de Alimentos, celebrará o vindeiro xoves, 29 de maio, o seu XXVIII Congreso Anual. Farao no Auditorio Municipal de Ourense, nun acto que contará coa presenza da raíña Sofía, que será a encargada de inaugurar o evento.
A Federación Española de Bancos de Alimentos é unha asociación sen ánimo de lucro creada en novembro de 1995, e coordina as actividades dos 54 Bancos de Alimentos asociados a ela, entre os que se atopa o Banco de Alimentos de Ourense.