Finalizadas as obras de ampliación do Camiño Laxedo, en San Cibrao das Viñas

O Concello de San Cibrao das Viñas finzalizou esta semana das obras de ampliación do Camiño Laxedo, que dá acceso ao municipio. Segundo informan desde a administración local, a vía abrirase ao tráfico nos próximos días.
Desde o Concello advirten, con todo, que queda pendente a retirada de postes e o soterramento dos cables de electricidade e telefonía, tarefas que se realizarán unha vez completada a canalización correspondente.
As autoridades municipais recomendan gardar precaución ao circular por esta vía ata que os traballos pendentes estean finalizados.