Finalizadas as obras de ampliación e mellora enerxética no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense

OurenseXa
A actuación supuxo a ampliación do centro en case 400 m², coa construción dun novo volume na planta alta, mantendo a planta baixa diáfana
obras-ies-blanco-amor
Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
30 Jul 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou este martes o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense para comprobar o resultado das obras de ampliación e rehabilitación recentemente finalizadas neste centro educativo.

A intervención, centrada na mellora da eficiencia enerxética e na modernización das instalacións, permitiu ampliar o instituto en case 400 m² mediante a construción dun novo volume na planta alta. Esta ampliación incorpora tres novas aulas, un corredor central con espazos docentes a ambos lados e unha zona cuberta tipo soportal.

Ademais da ampliación, realizáronse diversas melloras estruturais: renovación de 700 m² de cuberta, substitución de 32 carpintarías, instalación de 126 luminarias LED e novas caldeiras. Tamén se reforzou o illamento térmico do edificio, coa aplicación de 157 m² de sistema SATE e 80 m² de fachada ventilada. No ámbito das enerxías renovables, incorporáronse tres baterías de sete captadores solares térmicos.

Os traballos completáronse con labores de pintura, reparacións xerais e o pulido do pavimento de terrazo existente. As obras comezaron no mes de xuño de 2024 e xa están rematadas.

Durante a súa visita, Román Rodríguez subliñou que “esta intervención tiña como obxectivo seguir mellorando as instalacións dun instituto exemplar no sistema educativo”.

⚙ Configurar cookies
0.17847800254822