Finalizadas as obras de humanización da Praza da Carballeira, en San Cibrao das Viñas

A actuación contou cun orzamento total de 220.000 euros financiada a través do Plan Provincial de Cooperación 2025 da Deputación Provincial de Ourense, en colaboración co Concello
praza-carballeira-san-cibrao
9 Feb 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas vén de rematar as obras de humanización da Praza da Carballeira, unha actuación coa que se mellora de maneira notable a accesibilidade, a seguridade e a calidade do espazo público nesta zona do municipio.

Os traballos, desenvolvidos ao longo de varios meses, incluíron actuacións de pavimentación en diferentes rúas da contorna, permitindo unha mellor mobilidade peonil e unha ordenación máis funcional do espazo, ademais de contribuír á súa modernización e posta en valor para o uso diario da veciñanza.

A actuación contou cun orzamento total de 220.000 euros e foi financiada a través do Plan Provincial de Cooperación 2025 da Deputación Provincial de Ourense, en colaboración co Concello de San Cibrao das Viñas.

As obras foron executadas polas empresas Construccións e Proxectos Lorenzo S.L. e Viso e Hijos S.L., culminando un proxecto que supón un paso máis na mellora dos espazos públicos e na calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.082167148590088