Finalizadas as obras de mellora de camiños en Baños de Molgas

O Concello de Baños de Molgas completou as obras de rexeneración do firme en varios camiños municipais, dentro da anualidade 2025 do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).
As actuacións permitiron mellorar o estado de diversos treitos viarios, contribuíndo a facilitar a mobilidade e a aumentar a seguridade nos desprazamentos diarios da veciñanza.
O alcalde, Manuel Fernández, desprazouse para supervisar os traballos finalizados, valorando positivamente o resultado e manifestando a vontade de continuar actuando noutras parroquias do municipio.
Desde o Concello tamén se fixo un agradecemento á colaboración da veciñanza durante a execución das obras, ao tempo que se reiterou o compromiso municipal coa mellora das infraestruturas do rural.