Finalizados os traballos de equipamento e mellora na Casa da Cultura de Amoeiro

OurenseXa
As obras foron financiadas grazas a unha subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
casa-da-cultura-amoeiro
13 Nov 2025

O Concello de Amoeiro concluíu recentemente os traballos de equipamento e mellora na Casa da Cultura, grazas a unha subvención íntegra da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

As actuacións incluíron a reparación de portas e ventás, a instalación de nova iluminación e a incorporación de novo equipamento nas instalacións, co obxectivo de optimizar as condicións do espazo para o desenvolvemento de actividades culturais e comunitarias no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.07471489906311