Asinado en Ourense o novo convenio colectivo no sector de alimentación con subas salariais superiores ao 26%

O sector de comercio-alimentación da provincia de Ourense conta cun novo convenio colectivo, que foi asinado esta semana tras meses de negociacións e mobilizacións. O acordo foi ratificado previa-mente en asemblea polas persoas traballadoras e supón unha mellora importante nas condicións labo-rais do persoal.
O novo texto establece un incremento salarial acumulado do 26,08% ao longo de catro anos. A suba máis destacada producirase xa en 2025, cun aumento do 11,74% (que alcanza o 12,38% no Grupo IV), seguido dun 6,35% en 2026 e dous incrementos do 3% en 2027 e 2028. Ademais, recóllese unha cláusula de revisión salarial anual cun límite do 2,5 % para os anos 2027 e 2028, no caso de que o IPC supere os incrementos pactados.
Entre outras melloras sociais, o convenio inclúe o incremento dos días de vacacións ata un máximo de 32, a garantía de tres fins de semana de calidade ao ano, axudas escolares de 80 euros mensuais e un plus de nocturnidade do 20 %.
Desde CCOO Servizos Galicia sinalan que este avance foi posible grazas ao apoio das traballadoras e traballadores e ao labor da representación sindical na mesa negociadora. Tamén destacan que este con-venio permite reducir a distancia respecto a outras provincias galegas e expresan a súa intención de impulsar un convenio autonómico que unifique as condicións laborais do sector en toda Galicia.