Frei Canedo da Ponte celebrará a segunda edición do seu Entroido de Verán o 14 de xuño

OurenseXa
A xornada combinará festa, gastronomía, xogos e actividades pensadas para todos os públicos, mantendo como fío condutor o espírito do Entroido
entroido-de-veran-frei-canedo
21 May 2025

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte volverá a organizar este ano o Entroido de Verán, que celebrará a súa segunda edición o vindeiro 14 de xuño no Campo da Feira. Tras o éxito da primeira convocatoria, a asociación impulsa novamente esta iniciativa cunha organización máis coidada e algunhas novidades no programa.

A xornada combinará festa, gastronomía, xogos e actividades pensadas para todos os públicos, mantendo como fío condutor o espírito do Entroido. O evento está pensado para prolongarse desde primeira hora da mañá ata entrada a noite.

A organización adiantou que nos próximos días se dará a coñecer o programa completo de actividades, co obxectivo de repetir a boa acollida do ano pasado e consolidar esta cita como unha referencia festiva no calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.11779499053955